jueves, 21 de febrero de 2008

CURRÍCULO

Javier Alonso Pérez nace en Vigo en 1982. Comeza os seus estudos musicais á idade de seis anos con D. Pablo Abreu. Dous anos máis tarde ingresa no Conservatorio Superior de Música da súa cidade natal estudando entón con D. Fernando Arenas Villarroel. En 1994 acaba o grao elemental neste conservatorio.

No curso 1996-97 ingresa na X.O.G.A. (Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia) baixo a dirección de D. Fernando Arias realizando concertos por toda a xeografía galega, converténdose no membro máis novo da historia de dita orquestra e actuando en auditorios tan importantes como o García Barbón de Vigo, Liceo da Coruña, Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, etc.
En 1999 vai estudar á E.P.M.V.C. (Escuela Profesional de Música de Viana do Castelo, Portugal) pasando entón a recibir clase da excelente violonchelista e profesora Dª Pétia Samardjeva. Forma parte dende entón da Orquestra da Escola dirixida por D. Miguel del Castillo, realizando con esta concertos por toda a xeografía Portuguesa, Vigo, Calahorra (Logroño), etc. Nesta orquestra realizou cursos de dirección e encontros orquestrais con directores de prestixio a nivel mundial como D. Manuel Hernández, prestixioso director Venezolano e director titular da Orquestra Mozart de Viena (Austria), D. Emilio de Cesar, afamado director Brasileiro, D. Cristóbal Soler, grande mestre valenciano, etc. No curso 1999-2000 é xefe da sección de violoncellos da orquestra. En 1999 e 2000 asiste ós encontros orquestrais da A. P. R. O. A. R. T. E. (Asociación Portuguesa de ensino de Música e artes) dirixida polo prestixioso mestre francés D. Ernest Shell e realizando concertos en diversos auditorios de toda a xeografía portuguesa, destacando o celebrado no grande Auditorio do Centro de Congresos e Exposicións de Vila Nova da Feira, acompañando ó gran violinista francés Jean Jaques Cantaurov. Acaba os seus estudos na referida escola Portuguesa coas máis altas cualificacións.

No curso 2001-02 comeza estudios de Grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo baixo a tutela de Dª Isabel Figueroa e, posteriormente, en 2003, de Dª Mª Jesús Hervás e de D. Álvaro Quintanilla.

En 2002 e 2003 forma parte do trío “Primo Tempo” co que acada o 1º premio no prestixioso “III CERTAMEN DE MÚSICA DE CÁMARA PARA JÓVENES Centenari Jesús de Monasterio”, celebrado na cidade de Santander.

Foi tamén profesor de Violoncello das bandas de música “Ateneo musical de Bembrive” e “Agrupación musical de O Rosal” da que foi director durante o ano 2006.

Na actualidade é profesor de Violoncello na “Agrupación musical de Belesar” (Baiona) e dirixe o Coro Polifónico de Entenza co que conseguiu o 3º premio no concurso nacional de masas corais celebrado en Infiesto, Asturias. A demais é tamén director do Coro de Cabral.

Durante a tempada 2007 foi codirector da Banda Musical de Monçao, en Portugal, coa que conseguiu en novembro do mesmo ano o primeiro premio no “Concurso Nacional de Bandas Filarmónicas” celebrado na cidade de Aveiro (Portugal).